
O Concello de Mos preparou para este ano 2020 unha Festa da Rosa adaptada ás circunstancias da actual crise sanitaria. Unha das principais actividades será un concurso infantil de video, cuxas bases foron hoxe comunicadas polo Concello.
Co obxectivo de potenciar a imaxinación e a creatividade dos pequenos mosenses, o Concello invita a aqueles cativos de entre 3 e 14 anos a realizar un video no que presentarán as roseiras dos seus xardíns. Así será o concurso:
CARACTERÍSTICAS DO VÍDEO
1. A presentación poderá ser en galego ou en castelán.
2. Presentaranos a través do vídeo as roseiras dos seus xardíns ou cerramentos.
3. A duración do vídeo será de un máximo de tres minutos.
4. En relación ao tema, convidamos aos pequenos a engadir tamén unhas verbas relacionadas coa roseira que nos presenta, na casa de quen está, en que parroquia, descrición…
5. Pódese engadir un desexo ou unha mensaxe de animo facendo referencia a esta situación.
6. Pedimos tamén que se dedique este vídeo a un maior do teu contorno (que tamén pode aparecer no vídeo) pode ser; un avó, unha avoa, un veciño, veciña, amigo da familia… eles/as son os nosos HEROES.
7. Xunto no correo electrónico deberás facer constar o teu nome, idade, enderezo e teléfono de contacto. Só se aceptará un por persoa.
8. As rosas deberán ser cultivadas nas leiras dos participantes ou da súa familia.
LUGAR E PRAZOS
Publicaranse nas redes todos os vídeos enviados ata o xoves 18 de xuño.
As obras deberán ser remitidas por mail ao enderezo : festadarosa@concellomos.es
Todas as obras recibidas serán publicadas e poderanse visitar no facebook “concello de Mos” onde permanecerán expostas para uso e desfrute de toda veciñanza.
PREMIOS
Establécense tres premios iguais:
– Set de xardinaría para o cultivador/a
– Maillot oficial de Mos da volta ciclista 2020 co seu nome para o nen@.
VALORACIÓN
Valorarase a presentación, a dedicatoria, a simpatía e desenvolvemento na presentación e tamén o tipo de rosa, a variedade e calquera outra cuestión que o xurado estime oportuno. As rosas deberán ser cultivadas nas leiras dos participantes.
PUBLICIDADE
A publicidade das presentes bases así como a súa resolución faranse a través da paxina oficial do Concello www.mos.es <http://www.mos.es> e no
facebook “concello de Mos” así como nos xornais de maior tirada.
XURADO
O xurado estará formado por dous profesionais do sector da xardinería – floristería, un representante dos centros educativos (director/a CEIP) e unha representante dos centros de eduación infantil de Mos (directora A galiña Azul) e un/unha traballador/a do Concello (secretario/a do xurado).
Nota: as obras quedarán a disposición do Concello de Mos e este poderá publicalas sen ningún ánimo de lucro cando fose do seu interese.
Así mesmo, a presentación dunha obra implica a aceptación total destas bases.
A decisión do xurado é inapelable.
+ info: 986331200
#somoMos #somoscultura #festadarosa2020