Redacción 30/05/2020

Augusto González Besada é de sentido único. A rúa Coruña cambia de sentido e será o acceso ao conxunto histórico

 

Tras os traballos de reordenación do tráfico levados a cabo nos últimos días no centro urbano dende mañá o tramo de Calvo Sotelo – Paseo da Corredoira – entre a Rúa Rosa Bahamonte e a rúa Ordóñez, pasa a ser peonil.

Outro dos cambios no tráfico urbano é o sentido único no tramo de Calvo Sotelo dende Rosa Bahamonde a Irmáns Maristas, e en toda a rúa Augusto González Besada. Nestes viais habilitáronse 70 prazas de estacionamento en Zona Azul – gratuíto limitado a 90 minutos – das que 40 son en batería diagonal e 30 en liña. Sinalizáronse amais 4 prazas para a Policía Local, 3 para persoas con mobilidade reducida e 3 zonas de carga e descarga no horario establecido. Tamén se crearon 12 prazas para estacionamento de motocicletas.

Como consecuencia do establecemento destes sentidos únicos a rúa Camilo José Cela cambia de sentido e pasa a ser de acceso dende Calvo Sotelo á Praza de Galicia, e o mesmo acontece coa rúa que vai de Praza de Galicia a Augusto González Besada onde este será o sentido de circulación.

A rúa Coruña cambia tamén o sentido de circulación e agora será dende Martínez Padín a Ordóñez. Este será o acceso agora ao centro histórico para residentes e servizos.

En todas estas rúas, queda restrinxida a circulación de vehículos de ata 3.5 tn , agás cargas e descargas autorizadas. Nos últimos días levou a cabo o repintado da sinalización en todas estas rúas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad