Redacción 28/05/2020

Os Socialistas de Salceda analizan de forma positiva o ano transcorrido dende as municipais

O Partido Socialista de Salceda fai balance dun ano das eleccións municipais.

A candidatura do partido socialista superaba en  máis de 300 votos os resultados das eleccións de 2015 acadando un concelleiro máis o que unido á falta dunha maioría absoluta e a unha maioría progresista permitían o PSdeG-PSOE volver ao goberno municipal.

A chegada ao goberno municipal dos socialistas de Salceda supuxo unha dinamización que precisaba desde fai tempo o Concello de Salceda. A día de hoxe xa se cumpriron moitas das propostas electorais que fixera este grupo, centrándose neste primeiro ano na organización: aprobación dos orzamentos prorrogados, aplicación de medidas económicas, iniciación de expedientes de concurso de servizos, aprobación inicial do regulamento de participación veciñal, regulamento para a concesión de “títulos honoríficos” incluso o regulamento plenario.

Establecer un procedemento para darlle solución ao problema da biomasa, coa limpeza de espazos e fincas particulares para a prevención de incendios foi outras das iniciativas que acaban de poñerse en funcionamento.

A estas accións de índole regulamentaria tamén se priorizou a recuperación de edificios municipais como a escola de Vendanova, á que se acondicionou e se lle buscou un fin social en colaboración con AFAGA. A este proxecto únense outros como o acondicionamento da escola de Budiño, o tellado da escola de Picoña, proxectos presentados dentro do plan Concellos da Deputación ou outras administracións e que se porán en marcha nos próximos meses, así como o arranxo de estradas e camiños que se considerou unha necesidade. Neste eido continuarase priorizando a recuperación do resto de edificios municipais para poñelos a disposición da veciñanza.

No plano social a apertura do centro de atención temperá no Centro Social A Devesa e a futura apertura de atención psicolóxica, xunto cun programa integrado de emprego con 100 persoas, poñen a Salceda na vangarda dos concellos no que a servizos municipais se refire. Os socialistas queremos unha Salceda de primeira con todos os servicios.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad