Pleno Municipal do Porriño por video conferencia
O vindeiro mércores 27, a corporación local de O Porriño celebrará pleno municipal. Será por vídeo conferencia a través de medios telemáticas.
Trátase dunha sesión ordinaria e polo tanto terá lugar a partir das 18 horas. A orde do día contempla 18 asuntos, ademais de rogos e preguntas.
Hai un importante continxente de asuntos vencellados ao estado de alarma, a crise socio-económica e a necesidade de que o Concello implemente axudas para reactivar a economía local, coas propostas do goberno municipal e as propostas polos respectivos grupos políticos da corporación.
Por outra banda, o pleno da corporación deberá adxudicar definitivamente o servizo de limpeza viaria á firma “Urbaser”; aprobar o novo convenio coa S.A do Plan Xacobeo para a explotación do albergue de peregrinos, e debaterá a nova ordenanza reguladora para a instalación de terrazas en espazos públicos.