A alcaldesa tivo a oportunidade de conversar hoxe por videoconferencia coa dirección dos oito centros educativos sobre as novas circunstancias derivadas da crise sanitaria. Lembran dende o Concello, tamén, que o prazo de adxudicación de prazas nas escolas infantís remata o próximo venres 29 de maio.
A alcaldesa de Mos e as concelleiras de Educación e Política Social e Igualdade reuníronse esta mañá por videoconferencia coa dirección dos cinco colexios públicos e das tres Escolas Infantís A Galiña Azul mosenses. Na xuntanza estiveron tamén presentes o secretario municipal e a técnico municipal de Persoal, Recursos Humanos e Prevención de Riscos Laborais.
Os dous temas fundamentais tratados durante a reunión foron os labores de limpeza e mantemento nos centros educativos. Respecto do mantemento, as representantes municipais informaron de que os conserxes están realizando estes días tarefas neste senso e que respecto dos protocolos de limpeza, número de operarios necesarios para cada centro e productos que utilizar iranse concretando cando se aproxime a posible data de reapertura dos centros. Alén disto, os técnicos municipais informaron aos directores dos protocolos actualmente en vigor e puxéronse á súa disposición para asesoralos no que precisen respecto de circunstancias concretas de cada centro en cuestión.
Aproveitouse para lembrar tamén que estará aberto ata o vindeiro venres 29 de maio o prazo procedemento de adxudicación de prazas para as Escolas Infantís da Galiña Azul curso 2020/2021.
Dada a situación de emerxencia sanitaria a causa do Covid-19 as solicitudes faranse preferiblemente por vía electrónica. As tres escolas de Mos estan a disposición dos usuarios para calquera consulta e axuda nos centros, sempre con cita previa. O horario de atención das escolas de Mos é de 09.00 h a 14.00 h.
Os seus contactos son:
Escola Mos Veigadaña: 986 919 055 / 670 380 196 / escolainfantil.mos.veigadanha@igualdadebenestar.org
Escola Mos Cototorrón: 986 190 998 / 677 704 626 / escolainfantil.mos.cototorron@igualdadebenestar.org
Escola Mos Porteliña: 986 337 184 /// 628 050 691 /// escolainfantil.mos@igualdadebenestar.org