Redacción 24/05/2020

O Concello de Mos ten preparada xa a programación conmemorativa do Día Internacional do Orgullo LGBT que se celebra o 28 de xuño. O programa baséase, dadas as novas circunstancias, en actividades e iniciativas a través das redes sociais municipais.

 

Realizaranse publicacións periódicas, entre elas vídeos, durante a segunda quincena do vindeiro mes de xuño. Ademais colocarase tamén durante todo o mes de xuño no balcón do Concello a bandeira LGBT como todos os anos e na segunda quincena do mes esta será a imaxe das pantallas da rotonda das Angustias xunto cunha frase conmemorativa.

Para a elección da devandita frase conmemorativa convocarase un concurso durante as primeiras semanas de xuño a través da  web do Concello. Quen queira poderá participar enviando as súas frases e, entre elas, elixirase a gañadora que será a que permaneza publicada durante a segunda metade do mes na rotonda.

O propio Día Internacional do Orgullo LGBT, 28 de xuño, publicarase un vídeo conmemorativo, entre outros actos programados para as redes sociais municipais. Entre as actividades previstas durante a programación deseñada polas concellerías de Mocidade e Política Social e Igualdade que dirixen os edís, Leo Costas e Sara Cebreiro, respectivamente, haberá unha breve charla a cargo de presidentes ou membros da directiva de entidades relacionadas co colectivo LGBT, ou incluso deportistas e outros personaxes.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad