Redacción 23/05/2020

Empezará o vindeiro luns 25 de maio e inclúe 4 bloques temáticos: maiores, CIM e mocidade, Tempo de Lecer e infantil

 

O Concello de Mos presentou esta mañá o seu novo programa de lecer on line titulado “Vive Mos nas redes” e que dará comezo o vindeiro luns 25 de maio e desenvolverase de luns a venres. Levarase a cabo a través do Facebook e redes sociais municipais.

A programación foi exposta pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Begoña Toucedo, respectivamente.

As representantes municipais explicaron que “Vive Mos nas redes” divídese en 4 bloques: actividades para maiores, CIM e xuventude, Tempo de Lecer e programación infantil.

O primeiro bloque de actividades para maiores desenvolverase todos os luns e mércores incluíndo obradoiros de memoria, novas tecnoloxías, manualidades, etc.; así como adestramentos físicos que se intentará que, a curto prazo, poidan ser retransmitidos en directo polos monitores deportivos do pavillón Óscar Pereiro.

O segundo bloque dedicado ao Centro de Información á Muller, CIM, e á mocidade contempla a realización de talleres sobre igualdade de xénero e non violencia. Así como actividades para os mozos e mozas entre os que haberá, por exemplo, clases de crossfit, obradoiros de comic, de grafiti e de customización de roupa, etc. Este bloque contará con actividades todos os martes.

Por outra banda os xoves desenvolverase o terceiro bloque dedicado aos cursos do Programa Municipal Tempo de Lecer que anteriormente impartíase presencialmente nas asociacións do municipio. Agora as clases impartiranse telemáticamente incluíndo disciplinas tales como a xardinería, pintura, cociña, arte floral, costura, encaixe de palillos, patchwork, calceta, elaboración de conservas, pandeireta, cestería, etc.

E por último o cuarto bloque, o infantil, levarase a cabo todos os venres incluíndo desde obradoiros de manualidade e xogos, ata adestramentos físicos adaptados ás súas idades, sesións de contacontos en galego e en inglés, etc.

Esta programación interromperase desde o 1 ao 21 de xuño, con motivo da celebración da Festa da Rosa 2020, que contará coa súa propia programación cultural e lúdica on line, a través das redes sociais municipais. Unha vez rematadas as festas reanudarase “Vive Mos nas redes” dun xeito permanente e indefinidamente mentres os actos públicos continúen restrinxidos.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad