Terán un aforo limitado e porán xel hidroalcohólico a disposición dos usuarios
Dende o vindeiro luns, 25 de Maio, volverán a estar abertas as oficinas de atención ao público en cada un dos catro Concellos do Consorcio, O Porriño, Tui, Salceda de Caselas e Mos.
Terán un aforo limitado a unha persoa no interior da oficina e porán a disposición do usuario xel hidroalcohólico para a desinfección das súas mans, lembrando ademáis a obrigatoriedade do uso da mascarilla para o acceso.