“Obradoiro Cans 303” 17 edición do Festival de Cans documental deste ano “A Canteira de Cans”
As datas para o Festival de Cans deste ano serán do 2 ao 5 de setembro, a organización continua traballando para ter todo artellado.
Na edición do pasado ano o Obradorio Cans 303 abdicouse a agrupación musical “Os Catro Ventos”, e na edición do 2018 a Dona Sara Quintairos, mestra de Cans durante case tres décadas. Este ano este obradoiro reconstruirá nun documental a historia da Canteira de Cans, do barrio da Pedreira que durante os anos 50 e 60 do pasado século foi o epicentro da vida económica e social da aldea. Nesta Canteira traballaron até vinte persoas entre homes de Cans e de aldeas dos redores, mesmo houbo da parroquia de Laias, no Concello ourensán de Cenlle, xunto coas súas familias, hospedábanse e vivían en fondas, como o Bar Fortes ou Casa Boente, contribuíndo o desenrolo dunha vida social até ese momento na aldea, inédita.
Dende o Festival de Cans faise un chamamento, a persoas de Cans, de Laias ou calquera outro lugar que traballara na canteira e poda aportar información ou documentos fotográficos, se poña en contacto co festival, mesmo se queren participar coma alumnado, poden facelo no mail festivaldecans@festivaldecans.com ou por mensaxe privada nas redes sociais do Festival de Cans.
O “Obradoiro Cans 303” de guión e edición, unha das seccións mais participativas promovida pola organización, é este ano co documental “A Canteira de Cans”, dirixido polo realizador Juanma Lodo. Tratase de rescatar cada ano un anaco da memoria da aldea, recollendo a memoria das persoas de maior idade para recadar momentos da súa historia, promovendo a recuperación dun arquivo de fotografía e vídeo.
De non ser pola situación de pandemia, o Obradoiro Proxecto Cans 303 sería presencial dende primeiros de marzo, as alumnas e alumnos inscritos, a maioría da propia aldea, de idades entre os 17 até os 60 anos, participaron até agora baixo as instruccións diarias do realizador Juanma Lodo, en cuestións técnicas e de realización. A partir de xuño, os sábados pola mañá na sede do Festival de Cans, as clases retomaranse presencialmente, para no certame do vindeiro mes de setembro facela presentación, que sempre é un dos momentos mais emotivos do mesmo.
As normas marcadas de distanciamento social permite só nesta edición un máximo de dez prazas para o alumnado, aínda restan dúas prazas para quen queira incorporarse.