Redacción 21/05/2020

A atención o público farase baixo cita telefónica previa a partires do 25 de Maio.

 

O Concello de Salvaterra de Miño ven de anunciar o procedemento de posta en marcha da reincorporación ao traballo presencial dos traballadores municipais a partir do 25 de maio, a través dun protocolo de actuación para a incorporación paulatina dos empregados públicos ao traballo presencial, amparado polos representantes sindicais dos traballadores. 

Prioriazarase a prestación do traballo en modalidades non presenciais (teletraballo), respectando os principios de corresponsabilidade e igualdade de trato, establecendo como mínimo 1 día de atención ao público en cada departamento), con cita previa, sempre e cando a atención da mesma non se poida levar a cabo a distancia, de xeito que se garanta a atención a cidadanía.

As modalidades de traballo non presencial poderán, puntual ou periódicamente, compatibilizarse con modalidade presenciais de prestación do servizo para facilitar a incorporación gradual, mediante quendas, dos empregados públicos. 

Este procedemento iniciarase cunhas actuacións preliminares nas que se preparará o retorno dos traballadores, en atención a unha serie de parámetros, coa finalidade de adecuar as distintas fases da súa incorporación efectiva á implantación das medidas preventivas necesarias para garantir a protección da súa saúde.

 

Instaurarase a  cita telefónica previa para marcar as reunións presenciais,  atenderanse presencialmente só aqueles asuntos de urxente necesidade, incentivando a atención telemática e telefónica

Na entrada do concello instalarase un cartel onde se establece o horario e as condicións de acceso ao Concello, xa que se deberá entrar con cita previa, mascarilla e efectuar a desinfección de máns.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad