A empresa comercializadora, localizada en Mos, doará tamén 600 unidades, e o repartimento comezará o xoves no Multiusos das Pozas. O oxectivo da compra é complementar as máscaras infantís FFP2, cuxa doazón foi anunciada polo Concello e unha empresa local hai xa semanas, aínda que o paradoiro deste material é aínda descoñecido.
A compra e a doazón de pantallas foron anunciadas onte pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e Concello acompañou a nota de prensa dunha foto onde se pode ver a Arévalo colocando este tipo de pantallas a un neno.
As pantallas serán repartidas por rigoroso Padrón a partir do vindeiro xoves, 21 de maio, no Multiusos das Pozas. Os pais e nais dos cativos mosenses de 3 a 14 anos poderán recoller as pantallas dos seus fillos totalmente de balde, mentres non chegan as mascarillas infantís FFP2, que serán enviadas por correo a domicilio en canto estean disponíbeis.
As pantallas infantís están fabricadas seguindo os criterios normativos en PVC de diferentes cores e serigrafiadas co escudo do Concello de Mos. A súa principal función é a reducción do risco de propagación de infeccións. Sendo pantallas antisalpicaduras que protexen os ollos principalmente, a súa efetividade é relativa. Están deseñadas para reducir o risco de infección do portador, polo que é necesario empregalas xunto cunha máscara quirúrxica para garantir a súa efectividade na hora de frear a expansión o virus. Ademáis, segundo o Concello, o seu sinxelo deseño facilita o sistema de colocación, ofrece seguridade e comodidade durante todo o día e é de fácil limpeza e desinfección.