Redacción 17/05/2020

 O Concello de Salvaterra do Miño ante a crise sanitaria adapta os premios de educación en contacto directo cos centros educativos

Este Concello foi pioneiro en valorar a excelencia académica. 

Os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’  naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre a poboación xuvenís.  Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais, e nese sentido, agora máis ca nunca tendo en conta a situación que estamos a vivir e o gran esforzo que están realizando tantos os estudantes como os centros educativos cremos necesario manter esta convocatoria, está claro que adaptándoa as novas circunstancias, sería moi inxusto co gran traballo e esforzo que están realizando que este ano se quedaran sen estes premios.

Neste eido seguirase outorgando os lotes informáticos para os alumnos de Primaria, ESO, Ciclo de Caldeirería  e Soldadura e Carpintería. Adaptaremos os premios de Segundo de Bacharelato a nova situación e as limitación que trae consigo de acordo co equipo directivo do propio centro, que ata agora consistían nunha viaxe a Reino Unido, co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. Polo que os alumnos de Bacharelato serán premiados cun conxunto dun lote informático e un curso de inglés online personalizado que será impartido por unha academia local, potenciando tamén desta maneira o consumo no municipio.


Temos que recordar que o noso Concello foi un dos primeiros e dos poucos que a día de hoxe premian a excelencia académica pondo en valor o esforzo escolar. A posta en marcha desta iniciativa é “premiar” aos mellores estudantes,  froito da colaboración e traballo conxunto entre a administración local e os centros educativos do municipio para fomentar o traballo nas aulas e de paso, evitar o fracaso escolar incentivando o esforzo e premiando o traballo e a constancia, ademais da propia actitude do alumnado.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad