Redacción 15/05/2020

Os locais sociais de Mos permanecerán pechados por acordo até setembro, mas si irán abrindo as terrazas. Persoal do Concello colabora coas asociacións para garantir a seguridade sanitaria.

Trala reunión celebrada esta semana de maneira telemática entre as Asociacións de Veciños con local social e o Concello, todas as entidades acordaron traballar da man para que se poida ir abrindo as terrazas con total seguridade. Esta mañá, a técnico municipal de prevención de riscos laborais do Concello e membros da policía local visitaron o Centro Dotacional de Torroso e o local A.V.V. Nosa Terra de Pereiras co obxectivo de asesoralos e supervisalos no cumprimento das directrices sanitarias.

Na xuntanza desta semana abordáranse tamén as peculiaridades destes colectivos que son a Escola de Música de Torroso por contar con 500 alumnos, o Pazo de Mos por ser lugar de paso do Camiño de Santiago e a A.VV. Celado de Cela. Con cada unha destas entidades celebrarase outra reunión específica individual.

Para rematar, cada asociación compartiu as súas dúbidas e preguntas maioritariamente relativas ás actividades de teatro, ás xuntanzas de verán e aos cursos do Programa Municipal Tempo de Lecer, que desde o Concello foi informado que quedan suspendidos como mínimo ata o mes de setembro e, para entón, volverase a informar ao respecto.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad