Redacción 15/05/2020

As instalacións, situadas no polígono da Veigadaña, serán baleiradas e desinfectadas esta fin de semana, antes de ser abertas o próximo martes tralo peche por mor da crise sanitaria. 

 

O Punto Limpo de Mos abrirá o martes e manterá o mesmo horario de sempre: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e sábados, de 10:00 a 14:00. Ademais, caso o precisaren, os veciños de Mos poden chamar ao 900 720 190 para solicitar que os residuos sexa recollidos a domicilio.

O Concello pide concienciación á veciñanza sobre a importancia do uso do Punto Limpo, e lembra que non están permitidas as entregas de empresas, nin descargas de camións, e tampouco poden levarse rodas, uralita, nin restos de palmeiras nin outras árbores afectadas por plagas. Pola contra, eses desfeitos deben ser entregados directamente nunha pranta de xestión de residuos. O límite de verquidos anuais por veciño é dun máximo de 5.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad