
FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento lanzan unha campaña de doazón para equipos de protección e adaptación de centros frente o Covid-19.
Na actualidade contamos con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 6.384 persoas con discapacidade intelectual (4.425 das entidades federadas + 1.959 de Bolsa propia).
Durante esta crise do covid-19, as entidades que conforman FADEMGA están a precisar de equipos de protección e prevención da pandemia, como máscaras cirúrxicas, luvas ou xel hidroalcohólico, e tamén deben afrontar as adaptacións necesarias para facer fronte ás novas fases decretadas polo Goberno, como colocación de biombos, sinaléctica e información accesible, etc. Pola gran concentración de persoas nestes servizos, se non dispoñen de equipos e asumen esas adaptacións, terán un gran risco de seguir sufrindo contaxios e falecementos nos seus centros.
Anímate a colaborar e xuntos lograremos recuperar a normalidade e prestar os apoios necesarios ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
COMO FACER A TÚA DOAZÓN
Tes dúas opcións para colaborar:
– Podes doar materiais para mellorar o equipamento das entidades.
– Podes aportar unha cuantía económica para que a Federación faga directamente a compra de ditos materiais. (Esta doazón económica daría dereito á correspondente desgravación fiscal, 30% no caso das persoas físicas e 35% no caso das persoas xurídicas).
Para elo, cubre ESTE FORMULARIO e contactaremos contigo! No caso de querer doar material, recorda que debes especificalo na pestaña “importe da doazón”.