
Recoméndase transitar pola dereita nas beirarrúas
Ante a crise sanitaria xerada polo COVID-19 e tendo en conta as recomendacións sanitarias dende o concello de Tui recoméndase á veciñanza transitar sempre pola dereita nas beirarrúas, para deste xeito evitar cruzarse con algunha persoa en sentido contrario e mantendo así a distancia de seguridade.
Así o sinala o alcalde, Enrique Cabaleiro, nun bando emitido esta mañá, no que fai fincapé na importancia do “esforzo de cada un de nos en cumprir todas as recomendacións sanitarias que os expertos están a indicar” para loitar contra esta pandemia.
O rexedor tudense agradece nunha nova ocasión a colaboración da veciñanza, confiando en que estas “recomendacións e medidas a adoptar servirán para superar, entre todos, esta crise sanitaria”.