Deberá levarse máscara e preferentemente luvas. Abrirá de luns a venres de 9 a 13 h
Este xoves, 14 de maio, terá lugar a reapertura da Biblioteca Pública Municipal de Tui na Área Panorámica. Será só para o servizo de préstamo e lectura en sala das obras previamente solicitadas. O seu horario será de luns a venres de 9 a 13 h.
Os usuarios que se acheguen á Biblioteca deberán levar máscara e preferentemente luvas. No acceso haberá xel hidroalcohólico ao seu dispor.
Aquelas persoas que desexen retirar algunha obra en empréstito deberán solicitar o exemplo no correo biblioteca@tui.gal ou no whatsapp 617 498 103, e serán informados cando poden realizar a súa retirada co correspondente carné da biblioteca.
Continua prorrogado o prazo de empréstito dos libros até o final de Estado de Alarma, de tal xeito que aqueles usuarios tiñan un libro cuxo data de vencemento era a partir do 13 de marzo está prorrogado este prazo. Aqueles que tiñan un libro cuxo prazo vencía anteriormente deberán avisar ao bibliotecario no momento da súa devolución para retirar a sanción, xa que neses casos non se puido prorrogar o prazo de xeito automático.
No referido á lectura en sala disporanse postos de lectura individual e as obras serán solicitadas ao bibliotecario.
Tras o seu uso os libros, tanto de consulta coma de empréstito, serán sometidos a unha corentena de 14 días.