Redacción 10/05/2020

A nena de tan só 2 anos chegou en brazos dos seus pais á Xefatura abafada por atragantamento

 

Os feitos ocorreron onte sábado, ás 19.40 h, cando dous axentes da Policía Local do Porriño acadaron reanimar con éxito a unha nena, de tan só  2 anos de idade, que estaba atragantada e xa non respiraba.

Os pais da nena acudiron á Xefatura da Policía Local coa nena explicando que acababa de atragoarse na casa. Un dos axentes que estaban de garda, fixo a manobra de reanimación cardiorrespiratoria a que respondeu con éxito, mentres outro axente solicitaba unha ambulancia. Cando chegaron os efectivos sanitarios, a nena xa estaba reanimada. Non obstante foi trasladada ata o Centro de Saúde do Porriño para a súa valoración.

Tanto dende a Alcaldía, coma pola Concellería de Seguridade, valorase moi positivamente a actuación dos axentes, que ven a revalorizar a importancia da formación continua pola que aposta o Goberno municipal porriñés.

Toda a plantilla da Policía Local recibiu e completou en 2019, un curso de reanimación cardiopulmonar -RCP- e manexo de desfibriladores -DESA-, para poder atender emerxencias como a ocorrida onte.

Aomesmo tempo todos os vehículos de patrulla están equipados cun “DESA” que se engade ao restante material que levan para atender emerxencias.

De xeito, xa en novembro pasado, a dotación dun coche patrulla da Policía Local do Porriño atendeu a un condutor en parada cardiorrespiratoria, tras sufrir un accidente de tráfico na rotonda do Cristo de Belén, acadando a estabilidade do reanimado ata chegada da ambulancia do 061.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad