As doazóns de diferentes entidades fixeron posible esta terceira entrega de comida para as familias vulnerábeis durante a crise do COVID-19.
Tras os repartimentos de alimentos a familias usuarias dos servizos sociais municipais por causa desta crise do COVID-19 dos pasados días 3 e 8 de abril, onte realizouse a terceira entrega de comestibles a familias mosenses no que vai de estado de alarma pola crise sanitaria do COVID-19. Ademais dos habituais voluntarios/as cos que conta Mos Axuda, participaron no reparto de hoxe como voluntarios/as outros/as cidadáns e traballadores/as municipais; xunto con membros dos Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos e a alcaldesa e concelleiros mosenses. O Concello agradece tanto a voluntarios como a empresas doantes a súa axuda altruísta e desinteresada para que as familias mosenses máis necesitadas e con situacións máis sensibles e delicadas teñan cubertas as súas necesidades básicas durante esta pandemia.