Segunda xornada de reparto de “Routers” e chaves de memoria nos centros docentes do Porriño.
Dende a Concelleria tentase reducir a fenda dixital entre o alumnado.
A operativa é apoiada por voluntarios de Protección Civil do Concello do Porriño para “garantir que se mantiveran as distancias de seguridade e as medidas de hixiene precisas”, segundo explicou a concelleira de Educación, Lourdes Moure.
As tarxetas só terán vixencia durante tres meses. Os routers deberán ser devoltos ao Concello onde permanecerán en depósito en previsión de que, por un rebrote, fose necesario un novo préstamo ou que finalmente cheguen a cumprirse as previsións, de que o vindeiro curso comezará en setembro coa metade do alumnado en clases e a outra metade nos domicilios.
Hoxe á entrega realizada a pais e nais de alumnos do CEIP Antonio Palacios, en Torneiros. Alí correspondían 38 “routers” e outras tantas chaves de memoria de 60 GB. No CEIP da Ribeira (30 routers e chaves); no CPR Santo Tomas (11) e o IES Ribeira do Louro (60). Mañá xoves rematará o reparto cos pais e nais de 15 alumnos do IES Pino Manso tamén recibirán este apoio telemático.
A concelleira Lourdes Moure aproveitou para reivindicar neste eido que “Porriño está a marcar tendencia na contorna. Antes outros concellos veciños estaban a facer e repartir fotocopias e agora imítannos. Semella que Porriño marcou un antes e un despois con esta solución de compra e reparto destes aparellos co propósito de reducir a fenda dixital entre o alumnado dos centros docentes do Porriño”, segundo indicou. Aínda que esta afirmación non se axusta a realidade totalmente, xa que o Concello de Mos fixo entrega de portátiles o 21 de abril, a alumnos do Ies de Mos.