O Concello anunciou a semana pasada a repartición de 2.000 máscaras de protección infantís doadas por unha empresa de Mos. Porén, o material encóntrase extraviado e non foi enviado ás familias no tempo prometido.
Dende a empresa doadora afírmase que están sendo realizados os procedimentos necesarios para a localización e posterior repartimento do material de protección, e sinala os atrancos burocráticos e as tensións no mercado internacional como motivos da demora. A compañía, que confía en poder enviar as máscaras a próxima semana, continúa a recadar información sobre o envío e realizará unha nova enconmenda para garantir a doazón. A alcaldía está tamén interesada no estado deste envío proveniente de China, que inclúe outros materiais de protección alén das máscaras doadas, e remitiu unha carta á Subdelegación do Goberno inquirindo acerca do seu paradoiro.