
O goberno local comezará unha ronda de contactos e reunións con asociacións e colectivos sociais. Consituiránse mesas de traballo sectoriais para abordar a curto prazo as situacións derivadas da crise sanitaria que lles poidan afectar.
Mañá celebraranse as primeiras dúas xuntanzas telemáticas, nas que participarán as concelleiras de Cultura e Deportes, coas comisións das festas máis próximas e cos clubes deportivos, respectivamente. Contarán tamén coa presenza da alcaldesa e co apoio de persoal técnico, o secretario e a interventora municipais.
O obxectivo destes contactos é constituir mesas de traballo nas que escoitar e coñecer as inquedanzas e demandas destes colectivos fronte á nova situación causada pola pandemia do COVID-19, para así poder deseñar medidas e normas consensuadas. As seguintes reunións terán lugar na próxima semana, e serán convocados membros da diretiva do Club de Natación, os locais parroquias coas asociacións culturais e, por último, a Mesa do Camiño, onde participará a diretora da Axencia de Turismo de Galicia. O goberno municipal preve tamén reunirse coas ANPAS da localidade unha vez o Ministerio e a Consellería de Educación concreten o protocolo aplicábel en materia educativa.