Redacción 06/05/2020

Por mor da crise sanitaria, o inicio da máxima competición de ciclismo en ruta de España será adiado ao outono. La Vuelta celebrarase entre o 20 de outubro e o 8 de novembro e, desta maneira, a etapa iniciada en Mos terá lugar o xoves 5 de novembro.

 

Esta etapa de 178 kilómetros, que agora pasa a ser a etapa 15, sairá do Pazo de Mos con meta en Matosinhos na devandita data. Terá como padriño ao exciclista mosense e gañador do Tour de France 2006, Óscar Pereiro, quen tamén é embaixador de La Vuelta. Tralas últimas mudanzas no trazado, e etapa Mos-Matosinhos ten a peculiaridade de ser a única interncional de toda a competición, e percorrerá cara ao sur a costa portuguesa, con previsíbel chegada ao sprint.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad