Redacción 04/05/2020

O estudo iníciase coa realización de contactos telefónicos con case 2.000 unidades empresariais mosenses e está sendo coordinado pola Axencia de Colocación local. Así, o Concello pretende obter unha imaxe certa da situación empresarial no municipio sobre a que deseñar as medidas de recuperación.

 

A ronda de chamadas e recolla de datos comezou hoxe e continuará durante unha semana. Segundo informa o Concello, os primeiros contactos serán feitos a autónomos e empresas que tiveran suspendida a súa atividade ou atendimento ao público durante a crise sanitaria, como poden ser comercios retallistas ou estabelecementos hoteleiros. O Concello tentará facer público este mesmo mes de maio un documento baseado na información colleita.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad