Redacción 04/05/2020

Entrega de Routers e chaves de memoria os centros educativos do Porriño

O Concello entrega en deposito 250 routers e pen drivers para o acceso a net dos escolares  

 

Dende a concelleria de educación convocouse aos directores dos centros escolares para a entrega dos routers e chaves de memoria para alumnos que carecen de conexión a internet, e poidan seguir as clases en igualdade de condicións.

Unha vez dimensionadas as necesidades por cada centro de ensino, o Concello tivo que adquirir 250 routers e outras tantas chaves de memoria de conexión (“pinchos” ou “pen drives”) de 60 GB.

A partir de mañá , serán citados as nais e pais de alumnos en cada centro docente. Co apoio da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, realizarase a entrega que será en depósito.

O reparto por centros e o seguinte:   o martes corresponderá a  Aceesca, 7; Fernández Lopez, 42; Hermanos Quiroga, 8; CEIP Atios, 23 e Cruz Budiño, 15.

O mércores entregaranse os 38 necesarios para alumnos do CEIP Antonio Palacios; 30 para o CEIP da Ribeira; no Santo Tomás, 11 e 60 routers e chaves de memoria para alumnos do IES Ribeira do Louro.

Finalmente, o xoves serán citados as nais e pais de 15 alumnos do IES Pino Manso que recibirán routers e chaves de memoria para conectarse ás clases por internet. 

As chaves de memoria só terán vixencia durante tres meses. Os routers deberán ser devoltos ao Concello onde permanecerán en depósito en previsión de que por un rebrote fose necesario un novo préstamo.

O custe final desta actuación para reducir a brecha dixital é aproximadamente de 20.000 euros. A adquisición dos routers á empresa “TCR Datos Norte” importa 11.700 máis IVE namentres as chaves de memoria implicaron un gasto de 6.800 (IVE incluído) á operadora “Vodafone” doa a metade das mesmas. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad