Redacción 03/05/2020

Este investimento do Plan Concellos será destinado a financiar o proxecto de conexión da rede de saneamento no lugar de Liboeira

 

A Deputación de Pontevedra, a través dunha resolución presidencial, vén de aprobar unha nova achega do Plan Concellos 2020 para o concello do Porriño. En concreto trátase dun investimento de 45.522,21 euros para levar a cabo o proxecto de conexión da rede de saneamento no lugar de Liboeira, na parroquia de Atios.

Concretamente esta achega da institución provincial será empregada para unha actuación que ten como propósito resolver a falta de conexión do novo saneamento, polo que se aconsellaba a implantación cun colector de 150 metros. Amais, de xeito complementario, prevese a reposición e pavimentación dun treito de 150 metros de lonxitude con 5 centímetros de mestura en quente bituminosa.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad