Redacción 29/04/2020

Mos reforza a limpeza e desinfección pola inminente saída da veciñanza 

O programa exhaustivo en zonas urbanas iniciado coa declaración de estado de alarma continuará como ata o de agora

 

O Concello de Mos inicia o reforzo da limpeza, desbroce e desinfección de zonas rurais, zonas verdes e áreas de lecer de cara ao permiso individual dunha hora por adulto para saír a facer deporte a partir do sábado 2 de maio.

O programa que se iniciou de limpeza e desinfección diaria exhaustiva en todas zonas urbanas dende o decreto do estado de alarma pola crise do COVID-19, a administración local mosense a través da empresa concesionaria do contrato de servizos de limpeza, persoal municipal e membros do Servizo Municipal de Emerxencias e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, divididas en tres áreas de actuación según prioridade: área 1, área 2 e área 3. Ademais de todas as fontes, lavadoiros, marquesinas, colectores de lixo e exteriores de locais abertos desenvolvendo actividades de primeira necesidade como residencias de maiores, Escravas da Virxe Da Virxe Dolorosa, farmacias, establecementos comerciais de alimentación, panaderías, quioscos, estancos… etc. 

Dende o luns 27 de abril, incorporáronse tamén á realización destas tarefas 8 traballadores/as operarios/as de limpeza, que antes se dedicaban a limpar en centros educativos do Concello de Mos que agora se atopan pechados.

As zonas rurais limpáronse cunha frecuencia inferior no confinamento xa que, non se frecuentaban (coma beirarrúas de núcleos rurais, áreas de lecer e esparcemento en zonas rurais…). Ante o inminente permiso do Goberno Central para a saída da poboación, no vindeiro sábado 2 de maio, durante unha hora diaria para facer deporte ao aire libre; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, ven de anunciar a intensificación da limpeza e desinfección das zonas pola afuencia das persoas e que ata o de agora, e desde o inicio do estado de alarma, permaneceron desertas.

Todalas zonas urbanas do Concello continuarán coa mesma desinfección reforzada que se ven facendo desde o mes de marzo. As zonas prioritarias de desinfección urbana son: a zona 1 que cubre a parroquia de Sanguiñeda nos lugares de As Angustias, Avenida de Sanguiñeda, Farmacia e contorna dos supermercados; a zona 2 que cubre as parroquias de Tameiga e Pereiras. En Tameiga realízase nos lugares de San Eleuterio, Avenida de Puxeiros, e contorna do Rebullón e do Centro de Saúde. E en Pereiras realízase na urbanización de San Rafael. E a zona 3 que inclúe:  a farmacia da parroquia de Pereiras, a farmacia e o contorno do Pazo de Mos na parroquia de Mos, a zona de Peinador que abrangue as parroquias de Torroso e Guizán e As Pozas en Petelos.

A  limpeza  e desinfección nas zonas urbanas realízase con varios equipos de alta presión (cisterna de 5.000  litros autopropulsada, vehículo específico  lava beirarrúas e hidrolimpadora AP) dotada de produtos desinfectantes de uso específico. Nos lugares de especial sensibilidade lévase a cabo unha desinfección moito máis detallada co emprego de equipos individuais dotados de bombas manuais e con  hipoclorito  sódico nunha  dilución máxima do 5%. Préstase especial atención nas zonas de acción prioritaria a todos aqueles elementos que poidan ser usados de forma habitual polos cidadáns:  pasamáns, bancos, escalas, marquesinas, lixeiras e contedores. En canto á limpeza e desinfección de contedores concéntranse as actuacións nas zonas de alta prioridade incluíndo a súa desinfección exterior con axentes  clorados para diminuír os riscos de contacto con tapas e outros elementos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad