Redacción 28/04/2020

A medida de axilización de pagamentos, correspondentes á convocatoria de axudas de 2019, ten por obxectivo proporcionar liquidez a máis de 66 entidades sen ánimo de lucro que actúan en beneficio de colectivos vulnerábeis.

 

O montante ascende a 470.000 euros, e unha grande parte del xa foi mobilizada mesmo se os prazos administrativos están suspendidos por causa do estado de alarma. Ademáis, os servizos provinciais están en contacto coas asociacións para que presenten as memorias xustificativas de cara a aprobación de proxectos que van ser subvencioniados durante 2020, co obxectivo de alixeirar os procedementos de solicitude.

A Deputación salienta o valor do traballo destas organizacións para a sociedade e como contribúen a mellorar a resposta á pandemia do COVID-19, especialmente en favor de colectivos vulnerábeis específicos. Os proxectos subvencionados abranguen un grande abano de campos de acción social, incluíndo a actuación en múltiples áreas do ámbito sanitario, a inserción e a intermediación sociolaboral para colectivos con dificultades, asistencia e educación para persoas con necesidades especiais, atención ás necesidades básicas de colectivos vulberábeis, sensibilización en dereitos humanos e un longo etcétera

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad