O corpo técnico do club Balonmán Porriño renova un ano máis
Unha vez xa coñecida a proposta da Xunta Directa e á espera da súa confirmación, os diferentes clubs da liga Guerreiras Iberdrola comezaron a anunciar as súas renovacións e fichaxes
Por iso, a primeira renovación que ten lugar no Club Balonmán Porriño é a do seu corpo técnico: Ismael Martínez (adestrador do Conservas Orbe Balonmán Porriño), Gerardo Carrera (2º adestrador do Conservas Orbe Balonmán Porriño) e Ana Alonso (preparadora física do club).
“Decidimos continuar porque o proxecto do club é precioso, a longo prazo e entendemos que estamos a dar pasos, a pesar de que fose un ano complicado. A confianza depositada en nós tanto por parte da directiva como por parte das xogadoras fixéronnos ver que moitas cousas fixéronse ben.” declara Ismael Martínez ante a súa renovación.
Xa orientados cara a un futuro, o técnico cóntanos que entre os obxectivos está en seguir crecendo como club en todos os aspectos. Ademais, engade que “non queremos volver pasar os apuros desta tempada, esperamos empezar mellor o ano que vén e sufrir moito menos”.
Doutra banda, Gerardo Carrera cóntanos “decidín renovar porque estou moi ilusionado coa tempada que vén e con moitas ganas de facelo ben para quitarnos este mal sabor desta última. Esta é a miña casa, o club e Abel saben que estou para traballar e axudar en todo canto poida. Foi moi fácil dicir si.”
Por último, Ana Alonso cóntanos o porqué da súa decisión “decidín renovar porque estou moi cómoda e é onde quero estar, ademais o club e o corpo técnico portáronse moi ben comigo e nunca houbo ningún problema”.
Despois destas boas noticias, o presidente, Abel Estévez atópase moi contento “a renovación do noso corpo técnico é unha noticia fundamental para nós…Son o motor do noso club e buscamos estabilidade.” E engádenos os plans de futuro “o noso proxecto é a longo prazo, son adestradores de moi alto nivel, cualificados e cun gran espirito de club.”