Redacción 21/04/2020

Tui reforza a recollida selectiva no rural con 40 novos colectores de envases

 

O Concello de Tui recibiu no día de onte corenta novos colectores para a recollida selectiva que se van distribuír polas parroquias. Coa adquisición deste novos contedores, que están fabricados con material reciclado refórzase a recollida e envases lixeiros nas parroquias logo de detectar un incremento importante no volume deste tipo lixo e a demanda destes colectores para o seu depósito.

Ao longo deste ano, segundo avanza o alcalde, Enrique Cabaleiro, realizaranse novas adquisicións de colectores para seguir estendendo a recollida selectiva e atender así as demandas da veciñanza neste senso.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad