Redacción 18/04/2020

#PORRIÑODEPORTENACASA propón exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades coa colaboración dos clubs locais.

 

O Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, estrea nas redes sociais do Concello, un ciclo de vídeos baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.

Segundo explicou Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes do Concello, “o propósito é axudar á poboación, nestas datas de confinamento, a realizar certa actividade física”. Conforme as instrucións do concelleiro David Alonso, responsable de Deportes, “preténdese chegar a todos os públicos, incluídos colectivos como terceira idade, embarazadas ou persoas con capacidades diversas que tamén precisan de facer exercicio durante estes días de confinamento”.

Ana Alonso, preparadora física do club “Balonmán Porriño” ofrécenos a primeira clase que vai dirixida especialmente a persoas maiores, entre 70 e 80 anos, con bo estado de saúde e sen patoloxías previas graves.

Pedimos que os netos e netas, fillos e fillas axuden aos avós e aos pais por se tiveran dificultades para ver o vídeo aínda que o procedemento de descarga e visión é moi sinxelo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad