Dende a Administración Local adquiriranse 260 dispositivos de conexión a internet para que alumnos do Porriño que carecen de conexión poidan rematar o curso
O Concello do Porriño non terá que mercar ordeadores portátiles pero,sen embargo sí 260 pen drives -“pinchos”- de conexión á Internet, para outros tantos alumnos de institutos e colexios da vila; deste xeito poderán ter acceso ao ensino por vía telemática e rematar o curso en igualdade de condicións que os seus compañeiros. Así se determinou hoxe na segunda reunión que celebraron os directores dos centros docentes do Porriño coa concelleira de Educación, Lourdes Moure.
Unha vez identificadas as necesidades renunciouse a mercar os portátiles, porque cos existentes nos centros docentes da vila pódese atender á demanda de nenos e mozos que carecían deles nos seus fogares. Pola contra, é perentoria a necesidade de procurarlles conexión coa Rede para que poidan incorporarse ao ensino “on line” que están a continuar os seus compañeiros.
O Concello solicitou presuposto a varios provedores para determinar os custes da adquisición destes 260 dispositivos, con conexión a Internet por 3 meses.
Por outra banda, nesta reunión tamén se cordou que, coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello, os centros docentes entregarán aos pais, nais e titores dos alumnos o material de ensino e libros deste terceiro trimestre do curso, que non se retiraron pola suspensión das clases dende o 16 de marzo. Por cada centro docente, dacordo co Concello, concretaranse datas e horas de entrega do material escolar.