Redacción 13/04/2020

 A programación incorpora dúas novas propostas orientadas á participación cidadá durante o período de corentena.

 

 

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, incorpora novas propostas á “Programación para pasar unha corentena” que puxo en marcha hai dúas semanas. Tratase dun xogo online no que por a proba os coñecementos sobre O Porriño, e dunha mostra colaborativa de vídeos, a través da participación cidadá, sobre cómo están a vivir estes días, titulada “Amosa a túa corentena”.

Para o xogo, a través dun enlace na web do departamento de Cultura do Concello (www.ecultura.net) accedese ao cuestionario formado por preguntas tipo test con varias opción de resposta. Versan sobre historia, edificios, tradicións e cultura do Porriño. 

No que atinxe á mostra colaborativa de vídeos, apelase á participación cidadá. A Concellería de Cultura convida á veciñanza para que bote unha man a alixeirar este confinamento e aportar en forma de contenido dixital as diferentes formas de pasar o confinamento.

As regras e instruccións para poder participar e mandar os videos ao departamento de Cultura do Concello, explicanse na web www.cultura.net 

Segundo explicou a concelleira Cami Moreira, “dende o Concello do Porriño e o departamento de Cultura que dirixo, seguimos porfiando nunha programación para pasar esta corentena con propostas que resulten atraentes”. 

Tanto co xogo de coñecemento sobre O Porrriño  que é interactivo como coa mostra de video Amosa a túa corentena, mediante a que cedemos o protagonismo á cidadanía para compartir todas aquelas ideas e recursos imaxinativos que nos axuden a pasar este confinamento”, segundo valorou a concelleira Moreira Fontán.   

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad