Redacción 09/04/2020

O programa iniciarase o vindeiro domingo e terá unha periodicidade de dous veces por seman, para elo contará, entre outros, con colaboradores da talla de Uxía Lambona, As Maimiñas, o Mago Marco, XQuatro animación…

 

Fixándose que nos atopamos en Semana Santa, datas nas que os cativos interromperán por uns días as súas tarefas escolares, está englobado dentro dos diferentes programas on line en redes sociais de lecer, que o Concello de Mos  está levando a cabo dirixidos a diferentes públicos para tratar de facer máis levadeira  a situación de confinamento polo estado de alarma derivado da crise sanitaria do COVID-19. E hoxe presentouse a nova iniciativa municipal: “AnimaMOS nas redes”, de animación e ocio infantil, que comezará o vindeiro Domingo de Pascua, día 12 de abril.

Os contidos de entretemento para os/as pequenos/as poderán visualizarse todos os mércores e domingos no Facebook e na páxina web municipal do Concello de Mos, www.mos.es

Entre ditos contidos haberá desde música, ata maxia, pasando por  manualidades, xogos, cociña…, etc.

Para a creación dos devanditos contidos o Concello de Mos contará coa colaboración, entre outros, de Uxía Lambona, o Mago Marco, as Mainiñas, XQuatro, Carcajadas, Animar-t. Activalede, Diverti-MOS. E moitos outros colaboradores/as.  

O infantil é o sector da poboación que máis está a achacar as circunstancias de encerro, porque os/as cativos/as na meirande parte dos casos non comprenden a situación de confinamento e surxen reaccións de frustación, tristura, enfados, rabietas… Por iso desde o Concello de Mos surxiu esta iniciativa, unha idea que nace coa vontade de volcarse nos máis pequenos e facerlles que o día a día sexa o máis ameno posible; así como apoiar ás familias e axudarlles aos seus pais nestes intres nos que se fai máis complicado aínda concienciar a vida familiar e laboral por mor da situación de confinamento.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad