Redacción 08/04/2020

Dende o concello quérese recoñecer nunha nova ocasión o traballo que están a realizar

 

Un axente da Policía Local de Tui vén de recibir na xornada de hoxe o resultado do test de Coronavirus, dando un resultado positivo. O axente comezou a atoparse mal o pasado venres, e tras acudir o sábado ao médico quedou xa illado no seu domicilio.

No día de hoxe, tras recibir o resultado positivo no test, dende o Concello de Tui activouse o protocolo establecido seguindo as recomendacións do Servizo de Prevención de Riscos Laborais do Concello, e solicitando para os 12 membros da Policía Local e para os e as traballadores municipais que estiveron en contacto co axente afectado os test de COVID 19.

Amais procedeuse a desinfectar tanto o interior das instalacións da Policía Local coma os accesos e os vehículos do corpo.

Dende o Concello de Tui deséxaselle unha pronta recuperación ao axente que está illado no seu domicilio, ao tempo que se quere recoñecer unha vez máis o labor que a diario realizan tanto a Policía Local, coma os membros das outras forzas de seguridade, de Protección Civil, dos Servizos Sociais, e os sanitarios.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad