Redacción 07/04/2020

Nidia Arévalo, Sara Cebreiro e Baldomero Lorenzo doarán o 30% do seu soldo de abril

Camilo Augusto, Alberto Méndez, Leo Costas, Begoña Toucedo e Gonzalo Alonso renuncian ás súas retribucións por asistencias a plenos e comisións do mes de marzo, e os que poidan celebrarse en abril

 

 

Sumándose á medida anunciada polo Goberno galego, aplicada tamén ao presidente Alberto Núñez Feijóo e os conselleiros da Xunta de Galicia, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros con adicación exclusiva, Baldomero Lorenzo e Sara Cebreiro, doarán un 30 % do seu soldo de abril para a loita contra o COVID-19.

O resto de edís do equipo de goberno local, o tenente alcalde Camilo Augusto, Alberto Méndez, Leo Costas, Begoña Toucedo e Gonzalo Alonso, renuncian ás súas retribucións por asistencias a plenos e comisións do mes de marzo, e os que puideran chegar a celebrarse en abril. No caso de Julia Lorenzo, a edil non está dacordo coa decisión plantexada, xa que pensa que outros cargos políticos  de maior rango tampouco o fixeron

No caso do Concello de Mos, a rexedora local mosense e os edís pasan a ingresar a porcentaxe da súa retribución mensual na conta bancaria da administración local para afrontar os gastos extraordinarios xerados pola crise sanitaria do coronavirus no municipio. Xa que a xestión desta crise a nivel local está a xerar diversos gastos extras ás arcas municipais “que queremos contribuír a sufragar aportando unha porcentaxe do noso salario”, explica Nidia Arévalo.

Ademais Arévalo declarou que esta medida é tamén “un xesto de solidariedade cos cidadáns mosenses que estes días están a ver mermados o seus ingresos, de gratitude coa veciñanza que está a colaborar voluntariamente, e na medida das súas posibilidades, a xestionar esta crise o mellor posible a nivel local; ás empresas que tamén están a prestar apoio e axuda… en definitiva, á gran cadea humana solidaria que nestes intres está a aportar o que pode e a axudar como pode; para que saiban que non están sós, que os seus representantes políticos están tamén ao seu carón, e que xuntos sairemos”.

E é que as achegas, tanto económicas como de material sanitario –mascarillas, lentes, luvas…– son determinantes para poñer freo á pandemia, por iso os dirixentes municipais do Concello de Mos non quixeron deixar pasar a oportunidade de realizar as súas respectivas achegas particulares.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad