Redacción 31/03/2020

Dada a situación que se está a vivir pola pandemia do Covid-19, dende os servizos municipais estase a traballar arreo para que a ningunha familia do municipio lle falten alimentos básicos especialmente durante a cuarentena

 

Dende a Concellería de Servicios Sociais pechouse un acordo con empresas do sector alimentario privadas do Concello do Porriño, segundo novos cálculos desta concellería a cifra de familias en risco de exclusión social incrementouse de 150 familias censadas a 300, pola paralización de actividades económicas dende o estado de alarma pola pandemia do “Covid-19.

O Concelleiro David Alonso manifestou: “Ante o aumento de solicitudes pechamos acordos con empresas privadas, chegando a 2 toneladas de alimentos, si se alonga no tempo continuaremos coa aportación privada, ata  con empresas de concelloslímitrofes, xa que non é suficiente a Cruz Vermella”.

A recollida e reparto entre as familias máis vulnerables a realizaron a Agrupación de Protección Civil, voluntarios de “SOS Porriño”, e o propio Concelleiro David Alonso, que recollían onte de “Nova Pescanova”  de 200 kg de elaborados de peixe. Hoxe recibíronse as achegas de “Eurobanan”, que aportou 300 kg de froita fresca (plátanos e mazás); 750 kg de peixe conxelado (bacallau e pescada) doados por Noribérica; e 20.000 kg de alimentos non perecedoiros aportados pola Cruz Vermella. Tratase da primeira das achegas semestrais que realiza a ONG para “SOS Porriño”.

Nos vindeiros días agárdanse as achegas doutras firmas e distribuidores da contorna que anunciaron a súa colaboración como “El Corte Inglés”, “Corren”, “Froiz”, “Mercadona”, “Carrefour”, “Frinova” e “Pescapuerta” entre outras.

O Concello do Porriño vén de habilitar una partida orzamentaria de 20.000 €, polo procedemento de crédito extraordinario, merante un contrato cun supermercado local da rúa Ramón Gónzalez para que as persoas e familias con menos recursos poidan aprovisionarse de produtos de primeira necesidade. Cada familia ou persoa interesada en acollerse a esta axuda extraordinaria deberá realizar a súa solicitude ao departamento de Servizos Sociais do Concello a través do número 986 33 50 00 (extensión 6).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad