
Policía Local e agrupación da Guarda Civil de Tráfico do Porriño fixeron controis conxuntos dúas vías de aceso á vila
Mañá martes 17 un conductor acusado dun delito contra a seguridade vial será sometido a un xuizo rápido nos Xuzgados do Porriño. O conductor que cuadruplicaba a taxa de alcoholemia e tiña o permiso de conducir retirado por dúas sentezas xudiciais, foi interceptado nun control conxunto realizado pola Policía Local e a Agrupación da Garda Civil de Tráfico. Este caso foi un dos trece positivos totalizados no operativo efectúado o pasado sábado noite en dúas vías de acceso ávila.
O resultado do primeiro control preventivo deu un resultado de 8 alcoholemias administrativas, 2 alcoholemias por presunto delito Contra a Seguridade Vial, 3 positivos en drogas na conducción, unha denuncia penal por carecer do Permiso de Condución -en dúas sentencias firmes-.
O caso máis rechamante foi precisamente o deste conductor que, ademáis de ter o permiso de conducir retirado por dúas sentenzas, cuadruplicaba a taxa de alcoholemia. O conductor está citado mañá a xuizo rápido no Xuzgado de Instrucción nº 1 de O Porriño. O vehículo que conducía foille retirado.