Redacción 13/12/2019

Os socialistas de Mos piden explicacións ao Goberno Local do motivo de non presentar a programación cultural de Mos na Feira da Cultura coma fixeron outros 40 concellos

 

Este mes tivo lugar en Pontevedra, coma ven sendo habitual nos últimos anos, a Culturgal que é a Feira da Cultura Galega. Esta é unha feira na que se presenta a oferta cultural de cara o vindeiro ano de Galicia pero sobre todo, da provincia de Pontevedra. Tal é a magnitude que acadou esta feira que acoden diversas administración públicas, editoriais, empresas do sector e colectivos da vida cultural pontevedresa.

A Deputación de Pontevedra ten un stand propio no que presenta a súa programación propia pero no que tamén convida de forma gratuíta a que formen parte os concellos mostrando a súa. Nesta última edición participaron 40 concellos con micro presentacións, vídeos ou publicacións relevantes. O obxectivo é que cada concello de a coñecer a súa oferta e tamén poida obter ideas doutras vilas, e así o transmitiron dende a administración provincial.

A voceira do Partido Socialista, Victoria Alonso, pide as explicacións pertinentes do motivo de que Mos non quixese participar nesta feira xa que non había temática acotada. Alonso entende esta como unha maneira de mostrar entre os alí asistentes a actividade do noso concello para atraer visitantes, así coma que tilda de inaceptable que se impida a nosa vila acceder a este tipo de ofertas que non suporían gasto económico para o concello.

Alonso di que xusto no mes no que se presentan novidades para atraer visitantes a Mos, non se queira participar nunha actividade gratuíta ca mesma finalidade; e engade que so pode deberse a unha cuestión política, xa que esta medida foi levada a cabo pola Deputación. A voceira socialista incide no feito de que o concello, debería aproveitar tódalas posibilidades que se presenten xa que doutro xeito estarían actuando dunha maneira partidista.

 

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad