Redacción 21/11/2019

Os pratos preparados polos 5 restaurantes mosenses participantes nas Xornadas Micolóxicas puideron degustarse ao módico prezo de 3,5 €

 

 

Sobre 300 persoas, entre veciñanza mosense e de localidades da contorna, participaron ao longo da xornada da Gran Degustación que se celebrou o pasado domingo, 17 de novembro, nos exteriores do Pazo de Mos.

Oscinco restaurantes mosenses participantes nesta Gran Degustación das Xornadas Micolóxicas 2019 ofreceron diversos pratos consistentes en: por parte de Adega da Tía Carmen, croquetas de setas con castañas e empanada de trigo con setas e castañas; por parte do anfitrión, O Cruceiro, setas salteadas con coello e fabas, tarta de queixo con sirope de setas e pudin de setas con froitas do bosque; por parte do Bar Restaurante Curuxeira, fajitas recheas de setas e polo e tortilla de xamón e setas; por parte da Casiña da Tía Albina, filloas de champiñóns con gambas; e por parte da Tapería A Cova da Santa, pizza mar e monte: salmón afumado con variado de setas.

O prezo de cada tapa foi de 3,50 € e a bebida (auga ou viño) custou 1,50 €. O pack de tapa máis bebida pagouse a 5 €, un prezo popular para que calquera persoa puidera degustar a variedade de pratos deseñados este ano para celebrar a XVI Edición das Xornadas Micolóxicas de Mos.

Durante o que queda do mes de novembro, nos propios restaurantes, poderanse degustar taménestesmesmospratos.

A Gran Degustación do domingo 17 de novembro no contorno do Pazo de Mos estivo complementada, ao longo de toda a xornada, coIV micomercado (mercado micolóxico). A degustación gastronómica prolongouse dende as 12.00 h ata as 15.00 h. De 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h estivo aberta ao público no Pazo de Mos unha exposición e consulta sobre cogomelos. E ás 12.30 h houbo unha actuación do Grupo de Baile e Gaitas Ruada de Torroso. Xa pola tarde, ás 18.00 h, actuou o grupo Animar-T Animación que realizou o espectáculo de contacontos, A Casiña de Cartón.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad