Redacción 14/11/2019

Será no Centro Social e Cultural e serviranse 2.500 racións nas que se inclúe o producto estrela, a zorza, pan e viño coa taza conmemorativa por 6 €

Contará coas actuacións da Rondalla de Pontellas, cantareiras Vaiche boa e grupo de gaitas Nordesía

 

 

A parroquia de Pontellas celebrará o vindeiro domingo 17 de novembro a XVI edición da Festa da Zorza no Centro Social e Cultural.

Vanse preparar 2.500 racions que se servirán en prato de barro e tamén en empanada, acompañadas de viño branco e tinto. O prezo da ración será de 6 € no que está incluído a taza, o viño, o pan e a zorza.

Os organizadores garanten que tanto a escolla da carne como a súa preparación é realizada de forma tradicional e polo tanto caseira, algo que os asistentes asiduos veñen valorando moi positivamente ó longo destes anos.

A degustación comezará a partir das 11.30 h ata as 15.00 h para o que está habilitada unha grande carpa. A organización e preparación corre a cargo da Asociación Cultural de Pontellas e conta coa colaboración do Concello do Porriño.

Para a animación desta Festa da Zorza actuarán a Rondalla de Pontellas, o grupo de cantareiras Vaiche boa -do centro cultural anfitrión- e o grupo de gaitas Nordesía.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad