A inscrición xa se atopa aberta para @s interesados en participar nesta carreira de 3 km que se celebrará o 30 de decembro
O Concello do Porriño anuncia a apertura das inscricións para a primeira edición da carreira “San Silvestre Solidaria” que se disputará o 30 de decembro.
Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só de 3 km e estará aberta a todas as idades.
O comezo da carreira será ás 20.00 h con saída dende a praza do Concello. Todos @s corredores deberán colocarse na zona de saída ao menos 10 minutos antes do comezo da proba.
Persíguese un fin solidario de xeito que todos @s corredores deberán traer 1kg de alimentos non perecedeiros, que se destinarán ó Banco de Alimentos. Haberáunha estancia debidamente sinalada para deixar os produtos.
No que atinxe os premios, haberá agasallos para @s corredores máis lonxevos; para os que terminen nas seis posicións elixidas ao azar -comunicaranse por esta canle as posicións antes da proba-. E tamén serán galardoados @s primeiros corredores do Concello do Porriño.
O peche das inscricións rematará o 25 de decembro. Para completar a inscrición hai que entrar no seguinte enlace