Redacción 12/11/2019

A financiación deste importe procede das baixas do Plan Concellos 2017

 

 

O Concello de Tui vén de investir 8.742,25 € procedentes de baixas do Plan Concello 2017 na adquisición de material audiovisual e informático para distintos departamentos municipais.  

En concreto adquiríronse equipos audiovisuais e de televisión cos que se mellorarán os procesos das mesas de contratación, a exposición de proxectos; tamén se mellorará o equipamento na sala de xuntas e reunións.

Unha das pantallas adquiridas será colocada no vestíbulo da casa do concello. Na mesma proxectaranse anuncios de interese para a cidadanía, brindarase información das actividades culturais, deportivas ou doutra índole previstas no municipio, reproduciranse vídeos promocionais da cidade, e daranse a coñecer as obras previstas.

Igualmente con outro dos monitores, mellorarase a información achegada no vestíbulo do Teatro Municipal sobre os espectáculos a celebrar. Outro dos servizos beneficiarios do novo equipamento é o Conservatorio Profesional de Música, que contará con dous novos equipos de audio.  Do mesmo xeito mellorou o equipamento que se emprega, por parte do Concello, na megafonía de distintos eventos ao longo do ano.

A renovación de equipamento informático e monitores de ordenador para distintos departamentos municipais, foron obxecto tamén deste investimento.

Porén debido á demora na adxudicación doutros proxectos do Plan Concellos 2017, o concello de Tui perdeu máis de cen mil euros procedentes das baixas destas obras, xa que non daba tempo a investir estes cartos antes do 30 de novembro.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad