
Este mércores, entre outros puntos, tratarase o pago de 2,7 millóns de euros e a nova comisión de deslinde con Mos
Un total de 20 asuntos conforman a orde do día do vindeiro pleno ordinario da Corporación Local de O Porriño, que se celebrará o mércores 30 de novembro, a partires das 18.00 h. Entre os asuntos que se levan a pleno municipal figura o pago de facturas a proveedores e por servizos, por un importe global de preto de 2.700.000 €.
Por outra banda o pleno deberá elixir os representantes de o Concello de O Porriño na nova comisión especial de deslinde co Concello de Mos. O PP non contestou ao requerimento de Secretaria, nin realizou proposta algunha, de xeito que se queda fora. Os representantes de O Porriño serán Eva García (PSOE), Pedro Ocampo (EU Son), Pedro peira (BNG) e Manuel Carrera (UDDL), que deberán ser ratificados polo pleno corporativo.
O pago de débeda será asunto sobranceiro. A tal fin proponse a aprobación definitiva de dous créditos extraordinarios para aboar 1.738.000 € de facturas da conta 413; e para pagar 473.000 € para facturas que xa contan con sentencias xudiciais favorables.
Ademáis propónse para aprobación inicial, un crédito extraordinario por importe de 468.000 € para satisfacer a débeda con “Eulen” pola prestación de servizos na piscina municipal.
Asimesmo levanse a pleno a ratificación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello do Porriño que xafora aprobada inicialmente en maio polo pleno municipal. E tamén vai a ratificación da partida orzamentaria para os salarios dos membros do goberno municipal -modificación da base 27 dos orzamentos do Concello-. Precisamente nesta sesión tomará posesión do seu escano, a nova concelleira do BNG, Cami Moreira.
Tamén se leva a aprobación os costes do servizo de recollida de lixo así como do Punto Limpo do Concello do Porriño. Tamén a ratificación da adxudicación do servizo de limpeza viaria á firma “Ascan”. E asimismo vaia adxudicación do servizo de axuda no fogar (SAF).
Finalmente van cinco mocións. Entre elas o grupo EU Son pide unha revisión da operación de renting de renovación do parque móbil municipal. E o PP pide un incremento de partidas orzamentarias para clubs deportivos.