Redacción 25/10/2019

A Xunta propón unha alternativa mediante un vial que a conecte coa A-55

 

A Alcaldesa valorou como “boa e ilusionante” a alternativa que a Xunta de Galicia está a prantexar para resolver o problema de tráfico e seguridade vial no barrio de A Vaquería en Budiño. Eva García reuniuse o martes cunha representación veciñal para comentar a proposta de variante da estrada PO-510 que a Xunta trasladou onte a veciñanza. Segundo esa proposta a Xunta pretende resolver o problema mediante un vial que conecte a PO-510 coa Autovía A-55, sobrevoando o polígono industrial de A Granxa.

Unha solución de semellante natureza que carece de momento de dotación económica nos Orzamentos Xerais de Galicia para 2020, requerirá establecer acordos co Ministerio de Fomento para realizar a pretendida conexión e cos empresarios do Polígono de A Granxa para resolver os accesos a fábricas e empresas afectadas.

A alcaldesa informou aos veciños que agarda manter, en breve, unha reunión co director xeral da Axencia Galega de Infraestructuras Francisco Menéndez -que foi o interlocutor da Xunta de Galicia coa veciñanza de A Vaquería- “de feito esta alcaldesa tomará a iniciativa a pedirei a reunión canto antes, pois co proxecto de Orzamentos de Galicia 2020 xa en trámite parlamentario, non hai tempo que perder”, dixo Eva García.

Por outro lado, a rexidora indicou que dará traslado deste asunto ó grupo parlamentario do PSdG-PSOE na cámara autonómica, para que faga unha enmenda aos Orzamentos da Xunta para 2020 que contemple unha partida para facer o proxecto de execución ou ben os preliminares necesarios”, engadiu a alcaldesa.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad