Redacción 25/10/2019

A obra, unha das principais propostas do programa electoral do goberno local, mellora a seguridade viaria entre o Colexio de Atín e a Igrexa de San Miguel de Pereiras

 

O goberno mosense comeza a cumprir os compromisos do apartado ‘Mos humanizado’ do seu programa electoral cunha senda en Pereiras. A alcaldesa, Nidia Arévalo, reuniuse co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen lle comprometeu á rexedora local o apoio autonómico nesta obra.

Nidia Arévalo informa a este respecto de que o equipo de técnicos municipais se atopa ultimando a redacción do proxecto para remitirllo á Xunta e iniciar os trámites pertinentes para a acometida da obra, “xa que é un dos nosos principais compromisos electorais para a presente lexislatura 2019-2023, ademais de dar resposta a demandas veciñais; por iso a priorizamos dentro das actuacións contempladas no plan ‘Mos humanizado’”, explicou Arévalo.

A senda peonil e mellora da seguridade en Pereiras, entre o Colexio de Atín e a Igrexa, terá unha lonxitude de 700 m. Esta senda virá a completar a actuación da senda peonil-ciclista executada pola Xunta na Estrada PO-331 e é prioritaria para a seguridade viaria do tráfico rodado e das persoas.

A mellora da seguridade viaria lograrase coa realización desta actuación comunicando equipamentos e favorecendo a integración e mobilidade. Os traballos a levar a cabo consistirán en realizar unha senda peonil, novas beirarrúas, instalar mobiliario urbano, mellorar a rede de servizos, dotar de iluminación pública, axardinamento, novo asfaltado e colocación de pasos elevados redutores de velocidade; ademais da mellora da sinalización viaria horizontal e vertical.

O orzamento estimado da acometida desta senda ascende a 175.000 €.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad