Redacción 24/10/2019

Esta solicitude data do 2015 por acordo municipal a instancia dos veciñ@s xa que de cada vez que precisan obrar teñen que pedir permiso ao Ministerio

 

Eva García, alcaldesa de O Porriño solicitará á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia unha entrevista para abordar a inminente cesión ó Concello do tramo da N-120 ao seu paso por Cans, unha vez que o Ministerio de Fomento manifestou por carta a súa disposición de “abordarla satisfactoriamente”. 

A cesión solicitouse en 2015 por acordo da Corporación Municipal porriñesa, a instancias da veciñanza de Cans que recolleu firmas e trasladou a proposta ó enton concelleiro de Obras, Marcelino Coto. 

Recentemente, o pasado 11 de setembro, a alcaldesa Eva García lembrou por carta ó ministro de Fomento, José Luis Ávalos, esta reivindicación; que finalmente será facilitada polo Ministerio de Fomento, segundo a resposta remitida por Javier Herrero, Director Xeral de Estradas do Ministerio, tamén a través de carta que acaba de recibirse no Concello.

Lembremos que segundo o acordo plenario que se adoptou hai catro anos, que ese tramo da N-120 sexa cedido á titularidade municipal é fundamental; xa que ata o de agora, calquer veciño que quere acometer unha obra, ten que solicitar autorización ó Ministerio. Asi mesmo, a cesión ao Concello permitirá acometer a humanización dese vial e sacar o tráfico pesado da zona, con cargo a unha partida do propio Ministerio de Fomento, segundo se solicitaba.

Por outra banda, nesa mesma misiva, o responsable ministerial contesta a outra demanda do Concello de O Porriño que ven requerindo a mellora do acceso á Autovía A-55. A resposta de Fomento condiciona unha solución ao proxecto de novo trazado da Autovía A-52 entre O Porriño e Vigo que conlevaría remodelar o enlace de Sanguiñeda coa A-55, “o que redundará nunha mellor conexión co Porriño”. Dito proxecto require tramitación ambiental, será sometido á información pública unha vez que se aprobe provisoriamente.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad