
Acordo entre o Concello e o Club Atletismo Porriño para a organización da decimocuarta edición da que anteriormente era chamada Interrunning
A pasada semana, o concelleiro de Deportes de O Porriño, David Alonso, anunciou o acordo co Club Atletismo Porriño para celebrar a vindeira edición da “Porriño 10K”, que terá lugar o domingo 15 de marzo de 2020.
O acordo acadouse nunha reunión que mantiveron o concelleiro, e directivos do Club de Atletismo Porriño, zanxado cun apretón de mans.
O Concello colaborará co club organizador e aportará unha achega económica de 15.000 € para a celebración desta proba, unha clásica xa no calendario do atletismo galego que, no vindeiro ano, cumplirá a súa edición número 14.
A “Porriño 10K” desenrólase nun circuito urbán de 10 km de lonxitude, en diferentes categorías e modalidades, que na última edición contou con preto de 1.400 participantes.