Redacción 04/10/2019

Os venres e sábados do mes de novembro O Porriño poderán degustarse os diferentes pinchos que se servirán entre as 19.00 e 23.00 h

 

 

O Concello de O Porriño e a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño -ACIPOR- ultimaron os detalles organizativos da vindeira edición do “Pinchorriño”, no que colabora a asociación de hostaleiros “AHOSPOR”, que comezará o 1 de novembro e rematará o 30 dese mesmo mes.

Este evento gastronómico, que xa compre a súa decimocuarta edición “organízase para promoción da hostalaría local e contribuir a desestacionalización do turismo, pois agardamos que siga a ser un reclamo para visitantes do resto da área metropolitana”, manifestou o concelleiro de Comercio, Sergio Casal.

Como é habitual a oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as 19.00 h e as 23.00 h, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 €. 

Os clientes que participen recibirán unha papeleta, na que cada catro consumicións seladas nos establecementos participantes, poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá 4 cheques compra no comercio local -por importe de 100 € cada un- e como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino” valorada en 150 €”, informou a xerente de ACIPOR, Noelia Conde.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad