O Concello de Mos lamenta profundamente os sucesos acaecidos onte, martes, 24 de setembro ás 20.00 h da tarde que levaron á suspensión do acto informativo sobre o proxecto do Real Club Celta que estaba previsto celebrar no Multiusos das Pozas
A súa condena polo feito de que non se puidera celebrar este acto democrático e de interese xeral para os veciños de Tameiga. Pero o máis grave, e polo que manifesta a súa máis intensa repulsa e condena, con máis forza se cabe, polos veciños de Mos que teñen resultado feridos como consencuencia dos altercados xerados polos exhaltados que teñen impedido a realización do acto. Como resultado do forcexeo, un veciño de Mosfoi agredido cun pau na cabeza, que foi trasladado en ambulancia ao Cunqueiro (onde permaneceu toda a noite en observación); dúas persoas tiveron que ser atendidas con ataques de ansiedade; unha persoa que foi derribada a causa do forcexeo e dúas persoas máis con danos materiais (unha delas con rotura de gafas).
Segundo o informe da Policía Local de Mos os altercados inciáronse no momento no que os axentes pediron que as persoas que entraban no Multiusos se identificasen para o acceso ao recinto, tal e como é se actúa habitualmente en situación similares e co fin de controlar o aforo. Foi entonces cando un grupo de persoas vestidas con camisetas verdes quixeron entrar sen proceder a súa identificación e comenzaron os forcexeos.
O Concello de Mos quere deixar claro que estes sucesos foron propiciados por 40 persoas (algunhas delas nin siquera censadas no noso municipio) que impediron que os 200 veciños de Mos que se atopaban na entrada do Multiusos puideran entrar a participar dun acto que, repetimos, era de interese xeral e esta plantexado con toda a transparencia para ofrecer información veraz sobre o proceso no se atopa o proxecto do Real Club Celta en Mos así como explicar a mofidicación puntual do Plan Xeral.
O Concello de Mos insiste en que este acto correspondía a un exercicio democrático e de transparencia no que estaba previsto que intervisen a alcaldesa e técnicos municipais para poñerse a disposición dos veciños de Tameiga e resolver todas as súas dúbidas ao respecto.
Lamenta que finalmente, por causa dunspoucos e coa fin de garantir a seguridade dos asistentes, tivera que ser suspendido.